Grupo Municipal Socialista Negreira

Fomos pasado, somos presente e seremos o futuro inmediato de Negreira. Demócratas por convinción e defensores da participación cidadán elevada ó cadrado, queremos recuperar para o noso Concello todos aqueles valores que unha dereita bravucona e ancorada en tempos xa case esquecidos lle arrebatou ós nosos veciños nos últimos anos. Emprendemos esta tarefa con renovada enerxía no ano 2004, despois dun resultado electoral nas eleccións municipais que ainda que non chegou a resultar todo o favorable que nós esperabamos e desexabamos, si colocou o PP ó borde da perda da mairía absoluta coa que nos desgoberna dende hai 9 anos. O noso traballo nos próximos anos proseguirá coa liña emprendida de denuncia e de loita contra todas aquelas actuacións que o alcalde e o PP emprendan en contra dos intereses veciñais, pero sen esquecer que dende a oposición temos tamén a obriga de intentar buscar solucións ós problemas que a cotío se lle presentan ós veciños. Sabemos que só así, gañándonos a confianza dos Negreireses conseoguiremos gobernar de novo nun concello que non está a pasar precisamente polos seus mellares momentos e que aspira a recuperar a dignidade que sempre tivo.

Dende esta ventá aberta ó mundo iremos poñendo a túa disposición toda aquela información que dende outros medios de comunicación non sempre nos é posible. Gustaríamos contar cos teus consellos para mellorar esta páxina ou para facernos chegar novas que non están ó noso alcance.

Gracias e unha aperta.